Bienvenid@ a

Menu


Limosa Surf
petitrond.gif El Club
petitrond.gif Las Bases
petitrond.gif Actividades 2008
petitrond.gif Actividades 2007
petitrond.gif Alternativas
petitrond.gif Las Playas
petitrond.gif Predicciones
petitrond.gif En Internet
petitrond.gif IMÁGENES Y VÍDEOSNuevo contenido

Noticias y +Show/Hide content
petitrond.gif Archivo de noticias
petitrond.gif Encuestas

UsuariosShow/Hide content
petitrond.gif Tu cuenta
petitrond.gif Mensajes Privados
petitrond.gif Gente Online
petitrond.gif Lista Usuarios

Foros y +Show/Hide content
petitrond.gif Foros
petitrond.gif Libro Visitas

Descargas y +Show/Hide content
petitrond.gif Descargas
petitrond.gif Enlaces
petitrond.gif Top 10
petitrond.gif Recomiendanos
petitrond.gif enlaza
petitrond.gif Buscar

ComunidadShow/Hide content
petitrond.gif moteiros da costa
petitrond.gif wind-atraccion
petitrond.gif mini klu kayakNuevo contenido
petitrond.gif SanCiprian.esNuevo contenido
petitrond.gif Maruxaina, web oficialNuevo contenido


Contacto

 Agreganos a favoritos
 Haznos tu pagina de inicio
 
 

Visitas

Sentencias

Azar es una palabra vacía de sentido, nada puede existir sin causa.
- Voltaire
Crónica galego: 2ª BAIXADA PATÍN LONGO- SAN CIBRAO 2008
Enviado el miércoles, 13 de agosto a las 16:14:03


CRÓNICA 2ª BAIXADA PATÍN LONGO - SAN CIBRAO 2008

Vernes, 1 de Agosto do 2008

Aprendizaxe de cometas pola Asociación deportiva WindAtraccion de Gijón

na atalaia do Faro de San Cibrao houbo xente espectante para ve-las cometas voar ou esperando o momento para aprender nelas; sen embargo, o día foi un deses nos que o nordés non nos acompañou, e co vento que viña do sur, imposibilitounos realizares a debandita actividade.

Intentaronse eleva-las cometas na mesma punta do faro, pero só a mans de expertos como son os de WindAtraccion, puidemos ve-las no aire. Unha auténtica mágoa pola boa acollida que tivo o ano anterior e polos amigos de WindAtraccion que viñan con esa intención. Contamos con eles para o próximo ano agardando que Eolo pete pola dirección axeitada.

Churrascada

nun intento de sufraga-los custos que conlevan tódalas actividades que desenrolamos no fin de semana, decidimos realizar unha churrasca na Atalaia, que sería o doce despois da aprendizaxe nas cometas de tracción; nembargantes e polo comentado antes, ista quedouse nunha boa reunión de socios, integrantes do clube, amigos de San Cibrao que pasaron por alí a votarnos unha mao e o seu apoio, todo misturado con música, cervexa e o debandito churrasco (boísimo), que alongamos ata preto da medianoite. Moi bo rollo, ambiente e algunha que outra exhibición de chimpos cos patíns de tracción, así como algunha baxadiña en patín longo pola acera.

Sábado, 2 de Agosto do 2008

FURTIVADA 1: Descenso de Lieiro.

A previsión do Clube era escomezar este descenso ás 16:30, nembargantes, por erros na previsión (a música fíxose agardas, tardouse máis do estimado na colocación das medidas de seguridade,...) tivemos que alonga-lo comezo da mesma. Pola outra banda, isto permitiu a xente amoldarse o circuito, ver exhibicións espontáneas dos skaters vidos do Team Area Skate e deleitarse cós discos que pinchaban na Pizzería O'Trasgo os nosos invitados asturianos, dj'Koo, Jesús (sampler do rapeiro El Chojin) e o noso pincha local dj'Caixa.

E unha vez colocadas as proteccións no circuito, dotando do material de seguridade aos participantes, o equipo audiovisual montado e preparado, o speaker local Juanjo daba conta dos apoios recibidos polo Clube para este evento e dos participantes.

O descenso comenzou con roldas eliminatorias, cinco roldas de tres participantes vidos de A Coruña, Ferrol, de Gijón, do Team Area Skate e do Clube Limosa Surf. Néstas primeiras roldas as diferencias entre os participantes eran amplias, destacandose a xente do noso clube (as furtivadas nocturnas axudan...), así como o participante máis xove, que a pesares de non clasificarse aportou o seu gran de area á actividade (ese Manu!!!).

Chegándose así as roldas finais, onde a proximidade entre os participantes fue a nota predominante, facendo deste descenso un bo espectáculo, sobretodo na zoa da curva da ponte.

Votándosenos o tempo enriba, e ante a imposibilidade de facer unha final de cinco polo escaso espacio existente na saída, chegou a final de a cuatro, que se cabe, foi máis igualada cás anteriores, separandose o primeiro clasificado do segundo en escasa centésimas, pero có gañador claramente identificado, que foi Evaristo, do Clube Limosa Surf.

Secuencia da chegada a meta da última rolda. Debaixo o vencedor.

FURTIVADA 2: Baixada do Faro.

Có retraso xerado no descenso anterior, cós coches aparcados onde o día anterior colocáronse as vaias de seguridade para que iso non ocurrera, escomezamos a darnos presa para non desquiciares nin aos participantes nin ó numeroso público congregado no Faro.

Nembargantes erros no equipo musical (quedamonos sen micro, có que Juanjo tivose que desgañitar para da-las saídas e os tempos), coa imposibilidade de realizar o circuito completo(que inicialmente chegaría ó porto e que tivemos que sustituílo por rodea-la rotonda poñenoa meta) e cun coche de transportes que nos impidiu pola seguridade, face-la baixada dende ó alto do Faro, tivemos que resignarnos a escomezares a baixada nunhas condicións non moi axeitadas para o espectáculo que consideramos cun descenso así transmite.

De tódolos xeitos, agardamos que disfrutarades de máis dunha boa baixada, así como do espectáculo que repetiron os do Team Area Skate, facendo trucos mentras baixaban.

Escomenzou a baixada do Faro con quince participantes, realizándose unha criba entre os cinco primeiros tempos (quedabamos sen luz e sería un risco para os competidores). Os cinco mellores tempos conformaron entón a rolda final, impuséndose o último participante a tódolos tempos anteriores e facéndose có primeiro posto na Baixada do Faro, que foi para Alez Fernández do Clube WindAtraccion de Gijón.

Festa Fin da 2ª Baixada Patín Longo

Unha vez rematada a baixada do Faro, os integrantes do Clube, repetimos churrascada para cear (outra vez misturada con cervexa e música), e de novo tendo a Román como chef, aínda que Oscarín fixo algunha que outra intervención tamén. Rematamos e preparamonos para rodar o fin de traca, a festa no bar da Praia-C.I.T; onde tivemos novamente o luxo de contar cós djs KOo, Jesús e Caixa, que dende as 00:30 e ata altísimas horas da madrugada fixeron da praia un lugar especial de reunión e diversión.

O speaker local Juanjo fixo de novo as presentacións, e presentou aos premiados, facéndose cargo das entrega de trofeos o Presidente do Clube (ese Nano!!!). Campeón Furtiva 1-Descenso de Lieiro: Evaristo, do Clube Limosa Surf Campeón Furtiva2-Baixada do Faro: Alex Martiñán, do Clube WindAtraccion Premio Participante máis xove: Manu, do Clube Limosa Surf (Trofeos, donación de THC e o resto asumido polo CLube) A partires de ahí, música, venda de camisolas do Clube, e venda de rifas para os sorteos de tres premios, tabla de skate (Area Skate Shop), pack de roupa (Static Code), pack de roupa (Static Code). Felicitar dende aquí aos agraciados. Os de WindAtraccion portaronse do lindo regalando gorras aos asistentes. O resto foi diversión e brindis polo esforzos desenrolados e como non, analizando as melloras a realizar en vindeiras baixadas.

AGRADECEMENTOS

Institucións: Concello de Cervo e a Deputación Provincial de Lugo, Área de Deportes (sen estes apoios é imposibel mellorar).

Tendas que nos apoiaron:Area Skate Shop (tenda de skate en Foz e Burela, un forte saúdo para Nela); Skunk Surf Shop (tenda de surf en lugo); THC (tenda de surf en Viveiro).

Marcas: Static Code (un forte saúdo para Garate); FORTrate (un gran saúdo para Jordi), 187, LushLongboards, KanaBeach.

Establecementos hostaleiros da zoa, sen vos tampouco faríamos moito: Pizzería O'Traso, Bar-Hostal El Pedregal, Bar la Playa-C.I.T.

Colaboracións: WindAtraccion (cometas de tracción en Gijón); Imaxina deseño (empresa audiovisual de Lugo).

A tódolos participantes.

A todo o público que nos acompañou durante todo o evento e que soubo aturarnos con paciencia.

A todos e todas os integrantes do Clube Limosa Surf.






Sin Comentarios
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
 
Enlaces Relacionados

 Más Acerca de
 Noticias de gica


Noticia más leída sobre :
Long-skate...


Votos del Artículo

Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor quédate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo



Opciones


 Versión Imprimible  Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo  Enviar a un Amigo


 
Usuarios



sin nombre




Código de Seguridad
Código de Seguridad
Escribe el Código de Seguridad

Recordar

(Regístrate)

Membresía:
Último: porot
Nuevos Hoy: 0
Nuevos Ayer: 0
Total: 48
Gente en línea:
Visitantes: 4 (100%)
Miembros: 0 (0%)
Total: 4

En línea ahora:
Visitantes:
01: Visitante
02: Visitante
03: Visitante
04: Visitante

Encuesta

¿Conoces la Costa de Lugo o alguna playa?

Si, frecuento habitualmente la zona
Si, de veraneo...
Si, pillar olones en otoño/invierno
Si, pero nunca he ido
No, pero me gustaría ir
No, y no sé ni que tiempo hace y como es
...Lugo tiene costa?



Resultados
Encuestas

votos: 25
Comentarios: 0

Noticias

· Balance del año...
· Campeonato Surf&Longboard - Os Castros...
· Campeonato Surf&Bodyboard MacGiver...
· Crónica galego: 2ª BAIXADA PATÍN LONGO- SAN CIBRAO 2008
· Crónica castellano: 2ª BAJADA LONGSKATE - SAN CIPRIÁN 2008
· 2ª BAJADA LONGSKATE - SAN CIPRIÁN
· Secret's 3...
· Nueva WEB relacionado con San Ciprián...
· Y después de la tempestad...
· Gold Coast Kelly Slater vs Mick Fanning
· Repoblacion de arboles en la playa de la limosa
· Entrevista a Andreas(eu-vexo.com) en Buenasolas.com...
· Nueva descarga, otro salvapantallas...
· Nuevo año, 2008 y los reyes dando...
· Un socio en la prensa...
· Invasión en la costa de Lugo...
· Nuevas fotos - sesión (Evaristo y Oscarín)
· Video emitido por Telelugo ''I BAJADA DEL FARO'' longskate...
· Gracias a todos y Felicidades a los Campeones...
· Tiempo para el 3 de Agosto + ARROUTADA
· Campeonato Longsakte ''I Bajada del Faro''
· Empieza el veranito...
· Long-skate...
· Predicciones con LIMOSASURF.COM
· Secret's 2
· Excelente Otoño-Invierno.....
· Secret's
· Un recuerdo
· BIENVENIDOS


Mas Noticias!